Vía Morta non é un espectáculo teatral ao uso. Durante a función, o público ponse na pel das persoas que viven en campos de refuxiadas. En Vía Morta non hai butacas, as espectadoras están sentadas no chan. Para entrar nesta realidade, deberán cruzar un varado de alames protexido por un militar.
Este espectáculo de Culturactiva Producións e Pallasos en Rebeldía é unha obra como nunca se vira en Galicia, que nace das visitas de Pallasos en Rebeldía aos campos de persoas refuxiadas de Grecia. Este colectivo artístico crea unha peza única que encarna as vivencias das persoas coas que tiveron a oportunidade de conversar.
Con Ivan Prado, Anabel Gago, Fran Rei e Rocío Salgado en escena, xérase esta obra dun estilo cru cun texto de Carlos Olalla, na que se pretende concienciar ao público sobre a realidade das persoas refuxiadas atrapadas nas portas da Unión Europea facéndoas partícipes das súas vivencias.
O espectáculo está dirixido por Eva Egido e axudantía de dirección de Iván Prado, un dos referentes galegos na defensa dos dereitos do pobo palestino e fundador de Pallasos en Rebeldía. Os seus coñecementos e experiencias vividas en Palestina nutren esta obra que tamén narra a situación que moitas palestinas, sobre todo coa situación actual dos bombardeos en Gaza.
|
Pallasos en Rebeldía |
No reembolsable